top of page

Cantos de reis e aguinaldos 2015

Tal e como se facía antigamente, a tradición dicía que no nadal e máis concretamente os días anteriores á noite de reis, a xente ía de casa en casa cantando estes e outros cantos cun único obxetivo que era o aguinaldo, unha pequena recompensa material en forma de chuches, comida, bebida... polo feito de interpretar tan curiosas cancións. Éste é o motivo polo que no noso centro ven de celebrarse por sexto ano consecutivo o que se deu en chamar "a ruta do caramelo", unha curiosa forma de ir de clase en clase interpretando un canto de reis a cambio dun aguinaldo.

Podedes ver os vídeos da ruta do caramelo de cada clase facendo clic na sección superior.

bottom of page